xoves, 28 de maio de 2020

ENTREGA DE PREMIOS XAQUE AO VIRUS


Ola de novo amiguiñ@s!!

Como sabedes esto chegou ó seu fin... despois de dez semanas realizando retos diarios e outras actividades que vos fomos propoñendo é hora de coñecer se finalmente conseguimos facer XAQUE AO VIRUS.

Queremos agradecervos a axuda, colaboración, dedicación, participación que aportáchedes cada un dos nenos e nenas,  que dalgun xeito participastes neste blogue, sen olvidarnos das vosas familias, pois sen a súa axuda non seria posible. Falo concretamente de: Ainara, Carolina, Claudia, Cleo, Daniela, David, Lía, Samuel, Sara, Teo e Valeria.

Por isto, queremos facervos a entrega dunha medalla e dun diploma en recoñecemento ao voso esforzo nesta loita contra o virus.

Como a situación que estamos atravesando é cando menos especial, así o será a entrega dos premios. 
A recollida das mesmas realizarase do seguinte xeito: Poderedes pasar os días 1, 2 e 3 de xuño polo Forum Metropolitano, en horario de 16:00 h a 18:00 h. 
Como o Forum Metropolitano ainda non está abierto ao público, na entrada deberedes de identificarvos. E recordade que será obligatorio o uso de mascarilla.

NON ESQUEZADES PASAR A RECOLLER O VOSO PREMIO!!!

Unha aperta moi grande.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.