Boas amiguiños e amiguiñas, xa queda menos para o verán!!
Presentamosvos os últimos retos de XAQUE AO VIRUS.
''A TODO RITMO''
Hoxe vamos ir a golpe de platillo!!
O reto de hoxe consiste en facer unha mini-festa familiar na casa e para iso toca unha sesión de karaoke coas cancións máis divertidas e que mais vos gusten!! Deberedes interpretalas a todo pulmón e facer os instrumentos con obxectos que atopedes pola casa (coma potas, vasos de plástico, cubertos...) Eso si... tedes que interpretalas ben disfrazadiñ@s e guapiñ@s!!
Aquí vos deixo algúns exemplos de cancións chulas!
AGARDAMOS CON MOITA ILUSIÓN OS VOSOS VÍDEOS CANTANDO E PASANDOO MOI BEN!!
PROBA CORPO EN FORMA:
''XAQUE AO VIRUS''
Hoxe para corpo en forma presentámosvos un xogo que xa vos propuxemos ao principio dos retos, agora podedes escoller se queredes xogar dentro ou fora da casa.
NORMAS DO XOGO:
- Xogamos en parella ou grupo.
- Precisamos:
o Taboleiro.
o Unha ficha por persoa ou grupo (podes utilizar una faba, un botón, una pedra...)
o Un dado
o Un reloxo.
- Comeza o que saca maior puntuación nunha tirada do dado. O recorrido vai do número 1 ó 23 seguindo a orde.
- Se caes nunha ESCALEIRA, sube ata onde indique. Deberás realizar as 2 actividades.
- Se caes nunha SERPE, baixarás e terás que facer as 2 actividades.
GAÑA O QUE ANTES VENZA Ó VIRUS!!
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
- RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.