venres, 29 de maio de 2020

CARTA AOS NEN@S DE XAQUE Ó VIRUS



A Coruña, 29 de maio do 2020.



Ola, Ola amiguiñ@s.



Agora si, a aventura de XAQUE AO VIRUS chegou ao seu fin.

Foron de dez semanas nas que todos e todas vos, incluídas as vosas familias e nos, os educadores, realizamos una carreira de fondo. Facendo fronte a situacións que nunca imaxinariamos que viviríamos. Pero como sempre o facemos, confiamos en vos, os nenos/as, e así foi como entre todos conseguimos case, case vencer de todo a este virus. Nos propuxemos o entretemento a través dos retos, vos puxestes a vontade e as ganas de realizalos e as familias a paciencia e a calma, para así entre todos conseguir chegar a onde estamos.

Pero non podemos esquecer que aínda que Xaque ao Virus rematou, o coronavirus sigue melodeando por aí fora. E que debemos de continuar sendo moi moi cautos como o fomos ate o de agora, para poder volver a completa normalidade máis pronto que tarde. SEI QUE PODEREDES CONSEGUILO E QUE XUNTOS PODEREMOS VENCELO!

Non quero que imaxinedes esta carta coma una despedida, se non como un deica logo. Pois confío en vervos de novo a todos o próximo curso, xa no cole, en patinaxe, patinando con patíns no patio do colexio e non facendo que patinamos na casa, que coñazo… facendo os xogos que mais vos gustan e o mais importante, todos xuntos!

Aínda que cerramos a etapa de Xaque ao Virus, abrimos outra, a do programa CON-CILIA-NO COLE, que como xa vos comentei hai uns días son uns campamentos municipais que organizamos dende a Federación Provincial de ANPAS, especiais para aquelas familias que necesiten conciliar este verán aten esta situación tan especial e canto menos rara que estamos a vivir.

Non me quero despedir ata o próximo curso sen recordarvos que todo esforzo ten a súa recompensa, e en Xaque ao Virus queremos recompensar a participación de aqueles nenos e nenas que dalgún xeito participaron neste blogue, sumando antivirus cas súas respostas e participacións para vencer ó virus. A merecida recompensa ven en forma de entrega de medallas, que como vos dicía será unha entrega espacial, pois teredes que pasar polo Forum Metropolitano os días 1, 2 e 3 de xuño, en horario de 16:00 h a 18:00 h. Como o Forum Metropolitano aínda non está aberto ao público, na entrada deberedes de identificarvos e indicar que ides recoller o vos diploma e a vosa medalla de Xaque ao Virus. E recordade que será obrigatorio o uso de mascarilla.

Sen mais, me despido, agradecéndovos una vez mais (no meu nome e en nome da miña compañeira Lucia) tanto ós nen@s, as familias e o resto de educadores que formamos parte desta aventura, pola vosa implicación e dedicación ó longo destas semanas, que sen dubida non imos esquecer na vida.



Un bico e una aperta moi grande. Vémonos moi pronto. Vótavos infiniiiiiiiiito de menos a vosa profe de patinaxe.


CARLA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.