PROBA MENTE EN FORMA:
''SUMANDO PASEOS''
Boas amiguiños e amiguiñas, como todos os días podedes saír un pouquiño á rúa, o reto de hoxe consistirá en facer unha lista contando diversos obxectos que podedes atopar pola rúa nos vosos paseos...
Obxectos :
- semáforos
- lixos
- coches negros
- pasos de cebra
- panadarías
PROBA CORPO EN FORMA:
''SIMÓN DI...''
Hoxe como proba de corpo en forma, e tendo en conta que xa podemos xogar pola rúa... deixámosvos un xogo, coñecido por todos vos, que se chama ''Simón di...''.
Propoñemosvos que o tempo que desfurtades do paseo fagades este xogo xunto ca vosa familia.
Para os mais despistados, que non lembran como se xoga, deixamos unhas pequenas indicacións:
- É un xogo para xogar entre tres ou máis persoas.
- Un dos participantes é "Simón". É dicir, o que dirixe a acción. Os demais deben facer o que Simón di.
- O truco está na frase máxica "Simón di". Se di "Simón di salta", os xogadores deben saltar ou quedan eliminados. Se Simón di simplemente "salta", non deben saltar ou quedarán eliminados tamén.
Por exemplo: se se di "Simón di que toques a punta do pé", o xogador debe tentar tocarse os dedos do pé.
- É tarefa de Simón conseguir que cada participante quede eliminado canto antes.
- O último en manterse no xogo gaña (aínda que o xogo non se xoga sempre ata o final).
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
- RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.