martes, 12 de maio de 2020

RECEITA DE PIZZA CASEIRA


Ola amiguiñ@s

Hoxe déixovos outra receita moi doada de masa de pizza feita na casa, para que fagades en familia.

Facer a masa de pizza italiana é moi sinxelo, mirade...


MASA DE PIZZA CASEIRA


INGREDIENTES:



- 400 gramos de fariña de trigo
- 200 ml de auga templada
- 2 culleradas de aceite de oliva
- 15 gramos de fermento fresco
- 1 chisco de sal
- Fariña para a encimera (para que non se pegue)




COMO FACER A MASA:

1.- Nun bol agregamos o aceite, a auga e o fermento. Mesturamos e seguidamente engadímoslle a fariña e o chisco de sal. Unha vez que teñades mais ou menos mesturado todo no bol pasámolo á encimera para amasar ben.




2.- Agora comeza o amasado. Poñemos un pouco de fariña na encimera e teremos que amasar como 3 ou 4 minutos sen parar. Veremos que rematamos cando a masa estea lisa totalmente. Se se pega moito poñémoslle un pouco de fariña e seguimos ata que quede lisa.




3.- Agora unha vez lista, deixámola repousar durante 1 hora máis ou menos. Unha vez repousada partímola en dúas e podemos facer dúas pizzas moi simpáticas. A amasamos e estiramos. 




4.- Poñemos os ingredientes que mais nos gusten e ao forno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.