mércores, 8 de abril de 2020

RETO 8

PROBA MENTE EN FORMA:
'' OS OVOS DA CASA''



Para hoxe traemos preparada unha manualidade de Pascua, moi creativa, que nos axudará a decorar a nosa casa neste tempo de confinamento!



Realizaremos uns doados ovos de pascua con fío.

Aquí tendes os materiais e os pasos...

Materiais:



Globos de auga. 


La de cores. 

Tesoiras. 

Cola branca/superglue/pegamento.

Pasos:



Primeiro infla un globo (ten que quedar pequeno), despois rodéao co fío de cores empapado en pegamento e deixao secar. 

Cando estea seco, pincha o globo. Podes crear as combinacións que máis che gusten, e incluso, os máis manitas poderán facer diferentes formas e deseños cos fíos. 

Se os queres colgar, recorda deixar un fío máis longo para poder facelo.


PROBA CORPO EN FORMA:
''PATINAMOS SEN PATÍNS (II)''

Hoxe, mércores de abril, 
a patinaxe teriamos que ir. 
Como o coronavirus non nos deixa acudir, 
desde casa imos descubrir... 

Na anterior sesión repasamos as tres figuras básicas ( enanito, garza e canguro), imos tentar complicar a tarefa... 

Agora teredes que facelas á vez que contades ata 10... a ver quen é capaz de aguantar!! 

Os máis maiores terédelo máis complicado... porque para superar o reto debedes facelo co Cañón, a Garza e o Angel.




Anímate a participar e a demostrar que xuntos podemos superar estes retos e moitos máis!


MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!



- RECORDADE A PUNTUACIÓN
  • FOTO: 1 PUNTO
  • VIDEO: 10 PUNTOS
  • FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
  • VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.