martes, 7 de abril de 2020

CUN CHISCO DE LÓXICA...

Para os que estades máis aburridos... deixámosvos uns xogos para combater a preguiza e o aburrimento nos vosos intres libres.

Trátase duns pequenos xogos de lóxica-matemática, animámosvos a facelos coa axuda da vosa familia, pois de seguro que aos vosos maiores non lles vén mal espremer un pouquiño o cerebro...



EDUCACIÓN PRIMARIA: O MONSTRO DAS MATEMÁTICAS




Tratase dun xogo de taboleiro, no que hai que ir avanzando e resolvendo as multiplicacións que se propoñen.

Precisas un dado e tantas fichas como xogarores seades.

Cada vez que caio nunha multiplicación, debo realizar a operación e moverme a casilla que contén o mesmo número que o resultado da operación.

Gaña o primeiro que consiga chegar a última casilla, que contén o número ''64''.






EDUCACIÓN INFANTIL:O BINGO DAS FIGURAS XEOMÉTRICAS



Trátase de ir cubrindo o cartón do bingo segundo o adulto vai dicindo figuras xeométricas. Podes utilizar macarróns para ir poñendo enriba das figuras que van cantando.

Se cobres unha liña, cantas... LIÑA!

Se cobres o cartón completo, cantas... BINGO!


CARTÓNS PRA XOGAR:









Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.