PROBA MENTE EN FORMA:
"ENGANCHADOS A CASA''
"ENGANCHADOS A CASA''
Para hoxe traemos preparada unha manualidade para decorar a nosa habitación en familia.
Imos facer... uns ganchos monstruosos!!!!
Aquí vos deixamos os materiais e os pasos...
Cadrados de cartón groso de 12x12 cm aprox.
Pinzas do tendal, de madeira.
Cola /superglue/pegamento forte.
Pinturas.
Lapis para debuxar.
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
Pasos:
Collemos un cadrado, poñemos a pinza no centro, esta será o nariz do noso monstro e logo debuxamos o contorno para que nos sirva como guía.
Despois debuxamos a cara do monstro como mais bus guste, deixade voar a imaxinación... o único que debedes ter en conta é que a punta da pinza debe ser un dos dentes do monstro, para que simule que está a morder o que lle colguemos.
Agora toca divertirnos pintando o noso monstro dos cores que máis nos gusten!!!
Para rematar... pegamos a pinza no seu sitio, a pintamos como máis nos guste e... LISTO!!!
Como foi? Queremos ver como vos quedou...!
PROBA CORPO EN FORMA:
''XINCANA''
Estes xogo require materiais que temos pola casa e un pouquichiño de tempo e ganas (isto un pouco máis) de pasar un intre estupendo.
Facendo que....?? Pois montando unha xincana na casa.
Imos darvos algunhas ideas pra montar a vosa propia xincana, despois vós teredes que botarlle un pouquiño de imaxinación…
Circuito pola casa: Con obxectos calquera imos facendo un circuíto pola casa, polo salón ou por onde poida. O circuíto debe implicar facer movementos (saltar sobre obstáculos, pasar debaixo de cadeiras, arrastrarse…).
O chan é lava: O chan é lava e non o podo tocar. Poñede folios (fixados, porfa, que escorregan) que se poidan pisar, tipo “rocas”.
Cordas no corredor: Atravesamos cordas, cintas ou o que teñades, dunha parede a outra, pegándoas con cinta adhesiva, formando unha especie de tea de araña.
Canastra!: A papeleira de casa (mellor se é circular, que dá máis o pego), imos colocando a distintas alturas, distintas distancias, ollos pechados, impedimentos que teñamos que sortear… Se tedes pelota, perfecto, usádea, pero sen romper nada...!! Se non… mellor, podedes usar pelotas de papel!
Labirinto en chan. Con cinta de carrocero, podemos crear un labirinto no chan no que teñamos que movernos para conseguir saír.
Anímate a participar e a demostrar que xuntos podemos superar estes retos e moitos máis!
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
- RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.