Boas amiguiñ@s!! Como levades o confinamento? seguro que xenial!!!
Xa estamos a metade de semana e de seguro que nos vai vir ben relaxarnos un pouquiño en familia... por iso vos imos propoñer duas actividades que de seguro vos van deixar RELAXADÍÍÍÍÍSIMOOS!!
PROBA MENTE EN FORMA:
‘’BOTE DA CALMA''
BOTE DA CALMA
O bote da calma serve para relaxarnos no noso tempo libre e por iso vos propoñemos que fagades o voso propio bote... para poder facelo deixamosvos un video no que se explica moi doado e paso a paso as intruccións para facer un precioso bote da calma.
https://www.youtube.com/watch?v=CotQ-EgFbqg
PROBA CORPO EN
FORMA:
‘’RELAX CON IOGA"
Sabias que.... o ioga no plano mental, reduce o estrés, favorece a concentración, a capacidade de razoamento e eleva o noso ánimo? Tamén nos trae harmonía interior, que moitas veces nos axuda a durmir mellor, reduce a tendencia a reaccionar con rabia ou tristeza ante determinadas situacións, axuda a superar os medos e a ter un pensamento positivo. Por todo iso as educadoras propoñemosvos pasar un ratiño de relax en familia.
Para isto soamente tes que abrir o seguinte enlace, que che levará a un video de ioga para nenos que poderedes seguir como modelo.
Anímate a participar e a demostrar que xuntos podemos superar estes retos e moitos máis!
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
E RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.