PROBA MENTE EN FORMA:
''MARCAPÁXINAS PARA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO''
O reto de hoxe consiste en facer uns divertidos marcapáxinas para festexar o día de mañá porque... sabedes que día é?
É O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO!!
Aquí vos deixo un vídeo moi chuli de como podedes facelos!
PROBA CORPO EN FORMA:
"O CIRCO"
Hoxe imos converter a túa casa na pista do noso circo e ti serás o noso artista!!
Contaremos coa presenza de trapecistas, equilibristas, malabaristas e auténticos animais adestrados.
Únete ao noso espectáculo!!
Para dar comezo presentamos o desfile de cabalos: Da saltiños dun pé ao outro subindo os xeonllos imitando o trote do cabalo, e fai un percorrido pola pista central do teu circo durante 30 seg.
Damos paso ás ras saltarinas: Agáchate cos brazos entre as pernas como unha ra e salta desde esa posición estirándote e volvendo despois á mesma posición de ra. Debes facelo 10 veces para completar a actuación.
A continuación chegan á pista do circo os trapecistas: Necesitas unha cadeira, séntate de lado e levanta as dúas pernas á vez que baixas o corpo quedando estirado cara arriba e mantén esta posición de equilibrio 10 seg.e repíteo 5 veces. Agora fai o mesmo cara abaixo, sube as pernas e mantén o corpo estirado cos brazos en cruz apoiado sobre a barriga, aguanta 10 seg. e repíteo 5 veces.
Agora chega o momento dos equilibristas: Coloca no chan unha cinta, corda ou cinto, camiña sobre el cun pé diante do outro pisando enriba da cinta avanza cara adiante e despois volve cara atrás, faino 3 veces. Parado sobre a cinta mantén o equilibrio sobre un pé cos brazos en cruz 10 seg. Fai o mesmo sobre a outra perna. Os equilibristas máis expertos poden intentar estirar a perna atrás e aguantar o equilibrio nesa posición.
Para rematar tócalle a quenda aos malabaristas: Practica cos teus malabares, intenta facelo o maior tempo posible.
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
- RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.