PROBA MENTE EN FORMA:
''O EXPERIMENTO MÁXICO''
Para poñer a nosa mente a funcionar, hoxe ímos probar a facer un experimento caseiro para escribir mensaxes secretos creando a nosa propia tinta máxica!!
Materiais
PASOS
1. Presione o zume de limón nun bol e engada unha culler de sopa de auga.
2. Mestura e, coa axuda dun pau ou pincel, escribe a túa mensaxe no papel.
3. Deixao secar.
4.Pon unha vela debaixo (sen poñer o papel demasiado preto) e podes ler a mensaxe.
PROBA CORPO EN FORMA:
''A RAIOLA''
Hoxe para o reto de corpo en forma, deixámosvos un xogo tradicional, que de seguro todos coñecedes, a RAIOLA.
Estamos seguras de que todos e todas vós xogachedes algunha vez a este marabilloso xogo e que sabedes ben as súas regras; pero por se vos esquecestedes vamos recordalas de maneira rápida:
PRIMEIRO. O xogo comeza tirando un obxecto pequeno (podes utilizar un botón, unhamoeda, un macarrón...) no cadrado número 1, tentando que o obexecto caia dentro do cadrado sen tocar as raias externas.
SEGUNDO. Comézase a percorrer a raiola saltando as diferentes casillas sen pisar as raias, gardando o equilibrio ata que se chega ao final.
TERCEIRO. Agora hai que volver ao número 1, dando a media volta dun salto, (sempre sen pisar as raias) e facer o mesmo camiño ata o número 1 onde nos agacharemos a polo obxecto sen apoiar o outro pé.
CUARTO. Se non pisamos ningunha raia, nin perdemos o equilibrio, continuamos o xogo, agora tirando a pedra na casilla número 2 e repetindo o mesmo.
IMPORTANTE. Se a pedra non caese dentro da casa número 2 ou durante a realización dos saltos nas casillas tocasemos unha raia ou perdésemos o equilibrio, pasaría a quenda ao seguinte xogador.
O obxectivo é tirar a pedra en todas as casillas sucesivamente.
Quen acabe antes, gaña!!
Deixámosvos varios tipos de raiolas, para que escollades a que mais vos guste. Incluso poderiades inventar vos unha!!
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
- RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.