domingo, 31 de maio de 2020
sábado, 30 de maio de 2020
CLASIFICACIÓN FINAL XAQUE AO VIRUS
O XOGO "XAQUE AO VIRUS" CHEGA AO SEU FINAL ACADANDO CASE 40.000 ANTIVIRUS OBTIDOS POLOS 27 CENTROS PARTICIPANTES TRAS 10 SEMANAS DE XOGO.
UN TOTAL DE 5.521 RESPOSTAS AOS RETOS PROPOSTOS (MÁIS DE 500 POR SEMANA), XUNTO COAS MÁIS DE 700 PARTICIPANTES EN SESIÓNS ON-LINE, FIXERON POSIBLE ACADAR 39.286 PUNTOS.
O REPARTO DESTES PUNTOS FOI O SEGUINTE:
UN TOTAL DE 5.521 RESPOSTAS AOS RETOS PROPOSTOS (MÁIS DE 500 POR SEMANA), XUNTO COAS MÁIS DE 700 PARTICIPANTES EN SESIÓNS ON-LINE, FIXERON POSIBLE ACADAR 39.286 PUNTOS.
O REPARTO DESTES PUNTOS FOI O SEGUINTE:
CLASIFICACIÓN SEMANA 10 |
venres, 29 de maio de 2020
CARTA AOS NEN@S DE XAQUE Ó VIRUS
A Coruña, 29 de maio do 2020.
Ola, Ola amiguiñ@s.
Agora si, a aventura de XAQUE AO VIRUS chegou ao seu fin.
Foron de dez semanas nas que todos e todas vos, incluídas as
vosas familias e nos, os educadores, realizamos una carreira de fondo. Facendo
fronte a situacións que nunca imaxinariamos que viviríamos. Pero como sempre o
facemos, confiamos en vos, os nenos/as, e así foi como entre todos conseguimos
case, case vencer de todo a este virus. Nos propuxemos o entretemento a través
dos retos, vos puxestes a vontade e as ganas de realizalos e as familias a
paciencia e a calma, para así entre todos conseguir chegar a onde estamos.
Pero non podemos esquecer que aínda que Xaque ao Virus rematou,
o coronavirus sigue melodeando por aí fora. E que debemos de continuar sendo
moi moi cautos como o fomos ate o de agora, para poder volver a completa
normalidade máis pronto que tarde. SEI QUE PODEREDES CONSEGUILO E QUE XUNTOS
PODEREMOS VENCELO!
Non quero que imaxinedes esta carta coma una despedida, se non
como un deica logo. Pois confío en vervos de novo a todos o próximo curso, xa
no cole, en patinaxe, patinando con patíns no patio do colexio e non facendo
que patinamos na casa, que coñazo… facendo os xogos que mais vos gustan e o
mais importante, todos xuntos!
Aínda que cerramos a etapa de Xaque ao Virus, abrimos outra, a
do programa CON-CILIA-NO COLE, que como xa vos comentei hai uns días son uns
campamentos municipais que organizamos dende a Federación Provincial de ANPAS,
especiais para aquelas familias que necesiten conciliar este verán aten esta
situación tan especial e canto menos rara que estamos a vivir.
Non me quero despedir ata o próximo curso sen recordarvos que
todo esforzo ten a súa recompensa, e en Xaque ao Virus queremos recompensar a
participación de aqueles nenos e nenas que dalgún xeito participaron neste
blogue, sumando antivirus cas súas respostas e participacións para vencer ó
virus. A merecida recompensa ven en forma de entrega de medallas, que como vos
dicía será unha entrega espacial, pois teredes que pasar polo Forum
Metropolitano os días 1, 2 e 3 de xuño, en horario de 16:00 h a 18:00 h. Como o
Forum Metropolitano aínda non está aberto ao público, na entrada deberedes de
identificarvos e indicar que ides recoller o vos diploma e a vosa medalla de
Xaque ao Virus. E recordade que será obrigatorio o uso de mascarilla.
Sen mais, me despido, agradecéndovos una vez mais (no meu nome e
en nome da miña compañeira Lucia) tanto ós nen@s, as familias e o resto de
educadores que formamos parte desta aventura, pola vosa implicación e
dedicación ó longo destas semanas, que sen dubida non imos esquecer na vida.
Un bico e una aperta moi grande. Vémonos moi pronto. Vótavos
infiniiiiiiiiito de menos a vosa profe de patinaxe.
CARLA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)