venres, 15 de maio de 2020

RETO 24

PROBA MENTE EN FORMA:
''AO AIRE LIBRE NUN MURAL''


Moi boas amiguiños e amiguiñas, o reto que traemos para hoxe é unha manualidade.Imos sacar fotografías dos lugares onde paseamos e das cousas que nos gusta ver para facer un mural con esas fotos en cartolina!! Agardamos con moitas gañas as vosas fotografías ou vídeos dos vosos murais!







PROBA CORPO EN FORMA:
''IOGA Ó AIRE LIBRE''


Hoxe deixamos unha tabla con unhas posturas sinxelas de Ioga.

Podedela facer na casa ou na rúa. Podedes xogar toda a familia, simplemente precisades dous dados.




O xogo consiste en...

Tira dous dados e realiza a postura que corresponda aos dous números que che saíran. O número do primeiro dado que tires corresponde á fila horizontal, o número do segundo dado que tirases pertence á columna vertical. 


Antes de facer a postura poden restar, sumar ou multiplicar os números dos dados. Fomentando tamén así o cálculo matemático. O que consiga realizar todas as figuras dunha mesma columna ou fila anótase un punto.




MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!


- RECORDADE A PUNTUACIÓN
  • FOTO: 1 PUNTO
  • VIDEO: 10 PUNTOS
  • FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
  • VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:




- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.