PROBA MENTE EN FORMA:
'' AS FLORES ARCOIRIS''
Para hoxe traemos un experimento como reto moi divertido e de gran aprendizaxe! Imos facer en familia unhas macetas que mudan de cor!
- Tarros de cristal (tipo marmelada).
- Colorantes vexetais
- Auga
1. Bota auga nos frasquiños.
2.Coloréaos con colorantes vexetais, mellor un de cada cor.
3.Introduce as flores nos frascos.
4.Observa os tarriños de vez en cando e verás como a natureza fai o seu traballo pouquiño a pouquiño!
PROBA CORPO EN FORMA:
''T-SHIRT CHALLENGE''
Hoxe deixamos un reto doado e rápido, pero moi moi divertido.
Consiste en poñer todas as camisetas que poidas nun minuto de tempo. Busca a algún membro da familia que xogue contigo e a ver quen é capaz de poñer mais!
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
- RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.