PROBA MENTE EN FORMA:
''UN AGASALLO PARA MAMÁ''
Boas amiguiños e amiguiñas, como o domingo é o día da nai, hoxe traemos unha actividade moi chula que seguro lle vai encantar! O reto consiste en facer con ela a árbore xenealóxica da súa familia e un debuxo que represente a cada membro desa árbore! Tamén se pode facer con fotografías que teñades na casa ou creando con esas fotografías un pequeno book onde as peguedes!!
Agardamos que vós guste esta idea de libre creatividade e os vosos vídeos e imaxes facendo este reto!
PROBA CORPO EN FORMA:
'' A BUSQUEDA DO VIRUS''
'' A BUSQUEDA DO VIRUS''
Imos realizar unha busca do virus por toda a casa, mais abaixo atoparedes as pistas que deberedes de seguir se o queredes atopar! Para conseguir derrotalo tan só tedes que superar cada unha das probas.
Entón o xogo consiste en....
- Seguir todas as pistas que se propoñen, na orde proposta e rematalas todas.
- Cada pista levaravos a un lugar da vosa casa, unha vez esteades nese lugar debedes de realizar a proba que se pide para seguir avanzando.
- Recorda gravar ou sacar unha foto nos lugares das pistas realizando as probas, para dar por seguro que acadaches o reto.
COMEZA A BUSCA...
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
- RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.