mércores, 13 de maio de 2020

REGALO SORPRESA

Ola amiguiñ@s, son Carla a monitora de patinaxe.

Hoxe recibín un regalo sorpresa duns alumnos do colexio. É un vídeo patinando e practicando as figuras que aprendemos a facer nas clases de patinaxe. Alégrame moito saber que aínda que non podemos ir ó cole a aprender cousas novas, seguides practicando as que xa coñecedes.

Quero agradecer infinito a Martín e a súa irmán Julia pola mensaxe e o vídeo. Mándolles unha aperta moi grande a eles e a todos os meus alumn@s que vos quero moitísimo e vos boto moito en falta...

Verémonos moi pronto!!! Estades a facelo mais que XENIAL!!!!!

Fíxome tanta ilusión que me gustaría compartilo con tod@s vos.



Un bico.

CARLA



Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.