Ola amiguiñ@s,
Hoxe deixámosvos por aquí unhas adiviñas moi galegas... Por se non as adiviñades deixámosvos a solución oculta, para descubrila tedes que seleccionar entre os asteriscos.
*A vaca: Os cornos, o rabo, os tetos e o mexadoiro*
Unha señorita moi enseñorada, chea de remendos sen unha puntada.
*A galiña*
Cucurico non ten ollos, cu nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico.
*O ovo e o pitiño*
Cando vai para monte dálle os cornos a casa; cando vai para casa dálle os cornos ó monte.
*A forcada que leva o home ó lombo*
Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.
*O muíño*
Pelo con pelo e o vivo no medio.
*O ollo entre as perfebas*
Unha cousa para quen sempre chove e sempre está mollada.
*A lingua*
Unha cousa que coa súa risada perdeu a súa anada.
*O ourizo da castaña*
Dez señoritos de par en par pasan o río sen se mollar.
*Os dez fungueiros do carro*
Estou pensando, pensando; de pensar vólvome tola. Coa sogra da muller de meu irmán, ¿que parentesco me toca?
*A miña nai*
Unha velliña engorrumillada cun tranco no cu e sen unha puntada.
*A uva pasa, co seu rabo*
Cando vai para monte vai cheo, cando vén para casa vén baleiro.
*O pucheiro de levar o xantar*
Detrás daquel coto, hai un boi xoto, e non me hai home nado, nin por nacer, que na súa corte o poida meter.
*O sol*
Capullo sobre capullo, capullo do mesmo pano, senón que cho diga eu, non o acertas neste ano.
*A cebola*
Dous bois brancos nunha corte de ferro metidos.
*Os ovos na tixola*
Ten un dente e tira pola xente.
*A campá*
Cando vai para monte, vai engorrumillada e ó vir vén estarricada
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.