venres, 3 de abril de 2020

RETO 6


PROBA MENTE EN FORMA:

‘’ ESCRITORES EN APUROS ''


Boas amiguiños, o reto que propoñemos para este venres axudaranos a traballar a imaxinación dende as nosas casas e a darlle un pouco de fantasía e ilusión ao confinamiento!! Estades preparados?!Eu creo que sí!!..


O que propoñemos é que creedes e escribades un conto coas vosas familias onde aparezan as seguintes persoaxes:

- un príncipe

- un sapo

- unha profesora

- un libro

- unha biblioteca

- unha chimenea

- unhos piratas







PROBA CORPO EN FORMA:
‘’XOGO COVID-19"


Deixámosvos un xogo para que movades un pouquiño o esqueleto xunto ca vosa familia.



Tratase dun xogo no que consiste ir avanzando no taboleiro ó tempo que realizas unhas divertidas probas.

Soamente precisas un dado e unhas fichas (tantas como membros da familia xoguedes) recorda que podes utilizar calquera cousa que encontres pola casa como ficha (un botón, unha moeda, un macarrón...).











Anímate a participar e a demostrar que xuntos podemos superar estes retos e moitos máis!

MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!





PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:


LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.


E RECORDADE A PUNTUACIÓN…
  • FOTO: 1 PUNTO
  • VIDEO: 10 PUNTOS
  • FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
  • VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS



Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.