mércores, 29 de abril de 2020

RETO 17

PROBA MENTE EN FORMA:
'' A COROA DO REI ''

Boas a todos e todas, hoxe para superar o noso reto deberedes ler coa vosa familia e  resolver unha adiviñanza e os máis peques... debuxar os personaxes que aparecen nela!!



Adiviña:


Un vello rei non tiña fillos, pero tiña que escoller a un herdeiro ou herdeira para o seu trono,polo que lle deu unha semente a cada neno e nena do seu reino. O neno que cultivase a planta con esa semilla máis grande gañaría o trono e se convertería  en rei ou raíña.
Tres meses despois todos os nenos e nenas chegaron ao castelo coas súas plantas. Despois de mirar todas as plantas, elixiu a unha nena como raíña que tiña a súa maceta baleira.


¿Por qué a elixiu a ela?






Resposta secreta: (o rei lles dera sementes falsas e a nena foi a única que non fixo trampas e non as cambiou).



PROBA CORPO EN FORMA:
''PATINAMOS SEN PATÍNS (III)''


Hoxe, mércores de abril, 
a patinaxe teriamos que ir. 
Como o coronavirus non nos deixa acudir, 
desde casa imos descubrir...


Na anterior sesión repasamos algunhas das figuras básicas , agora imos tentar seguir complicando a tarefa... 



Outra vez teredes que facelas á vez que contades ata 10... (a ver quen é capaz de aguantar)

E logo facelas combinadas, e dicir, unha seguida da outra: 
- Garza-Enanito 
- Canguro-Enanito
- Enanito-Garza.

Os máis maiores terédelo de novo máis complicado... porque para superar o reto tenes que facer o Cañón, a Garza e o Angel, aguantando 15 segundos.

E ademais combinar:
- Garza-Cañón
- Angel-Cañón







MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!


- RECORDADE A PUNTUACIÓN
  • FOTO: 1 PUNTO
  • VIDEO: 10 PUNTOS
  • FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
  • VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:



- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.