luns, 27 de abril de 2020

RETO 16

PROBA MENTE EN FORMA:
''O XOGO DO NOME''



O reto de hoxe consiste en pensar un pouquiño sobre nós mesmos e sobre o coñecemento e concepto que temos de nós mesmos nestes días de confinamento e para iso... imos facer un xogo de autocoñecemento. Xunto cos teus pais debes escribir na metade dun folio o teu nome e apelidos e a continuación dicir unha cousa boa que pensas de ti mesmo por cada letra do teu nome e apelido. Na outra metade do folio, terás que poñer o nome dun amiguiño ou amiguiña importante para ti e dicir por que o é.




Para rematar, gustaríanos moito ver un debuxo libre teu onde se vexa como te sentes neste momento!


Agardamos que vos guste e esperamos as vosas imáxenes deste reto!






PROBA CORPO EN FORMA:
''CON MANS E PÉS'' 


Hoxe para movernos un pouquiño imos deseñar e realizar un circuíto para facer coas mans e os pés.

Consiste en realizar un percorrido polo chan de casa combinando o apoio de mans e pés. É dicir, debemos ir apoiados nas mans, nos pés ou en ambos á vez. O MÁIS RÁPIDO POSIBLE! 





O primeiro será fabricar coa silueta das nosas mans e os nosos pés o circuíto, así que buscar folios, papel de xornal, de revistas, cartóns... e lapis que empezamos a debuxar as siluetas. 



Cantas máis fagas, máis longo será o circuíto, eu recoméndoche que fagas 5 de cada man e de cada pié. 




Agora que xa temos as siluetas preparadas, colocámolas no chan na orde e dirección que queiramos, fixándoas cun pouquiño de celo ao chan, para que non se movan. 

IDEA DE COMO COLOCALAS

Xa esta listo o noso circuíto para comezar, así que anima á túa familia para participar! E lembra que... gaña o mais rápido!!!




MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!


- RECORDADE A PUNTUACIÓN
  • FOTO: 1 PUNTO
  • VIDEO: 10 PUNTOS
  • FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
  • VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:



- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.