PROBA MENTE EN FORMA:
''OS HEROES DA CASA''
Boas boas a todos e a todas !! O reto que traemos para hoxe , é unha manualidade de reciclaxe creativa e divertida con botellas de plástico..e..IMOS A SER HEROES DA CASA fabricando unha mochila con foguetes!!
MATERIAIS
- Rotuladores
- Cartón
- 2 botellas grandes de prástico
- Papel de Aluminio
- Rotulador negro
- Superglú
- Cinta aislante negra
PASOS
1.Envolve as botellas con papel de aluminio por separado e decóraas con rotulador negro ou cinta negra como queiras.
2.Con cartón, debuxa , colorea, e recorta unas chamas para pegar no tapón das botellas coma se fose fume que sae da nosa mochila-cohete.
3.Pega as chamas aos tapóns das botellas.Unha chama en cada botella.
4.Con cartón, crea unhas tiras para que fagan de asas e envólveas con cinta negra.
5.Pega as tiras ás botellas con superglú e LISTO!!
PROBA CORPO EN FORMA:
"OS XOGOS OLÍMPICOS"
Este ano ían ser os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, pero tivéronse que cancelar debido a crise sanitaria que estamos a vivir,por isto propoñémosvos facer a nosa propia versión e realizaremos os Xogos Olímpicos na casa.
Primeiro imos realizar uns exercicios de preparación:
Xa sabedes que é moi importante quentar o corpo antes de poñernos a facer deporte...
1º Exercicio: Unha carreira de pequeno percorrido, camiñando ou correndo, da túa habitación á cociña. Tés que dar 5 voltas.
2º Exercicio: Coller unha pelota ou envolver uns calcetíns. Atópaste de pé e lanzas a pelota cara arriba. E antes de que toque o chan, séntaste e colles a pelota.
3º Exercicios: Agora toca ao revés. Empezas sentado e lanzas a pelota cara arriba. Póste de pé e antes de que toque o chan colles a pelota.
4º Exercicio: Coller ao teu pai/nai ou irmá/irmán e lanzar a pelota 10 veces con cada man entre vós.
Agora xa estamos listos para os Xogos Olímpicos.
Direivos que realizaremos tres probas dos Xogos Olímpicos. Como non temos moitos elementos na nosa casa, queda baixo a vosa imaxinación para representar as seguintes tres probas:
- Unha proba de Atletismo. Tanto pode ser una carreira ou saltos ou lanzamentos.
- Unha proba de Natación. Tanto pode ser unha carreira ou sincronizada ou saltos á piscina.
- Unha proba de elección libre, escollédela vós. Se clicas na seguinte imaxe poderás atopar todas as modalidades que competían nos Xogos Olímpicos.
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
- RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.