PROBA MENTE EN FORMA:
''O BUZÓN DOS SENTIMENTOS''
Bos días amiguiños!
Para hoxe traemos unha proposta creativa!!
Realizaremos un buzón para gardar os nosos pensamentos e sentimentos durante os días que nos quedan de confinamento! Podemos expresalos onde queiramos, nun papel, nunha cartolina... e podemos facelo como mais doado nos resulte, mediante un escrito, un debuxo... iso é ao voso gusto, o mesmo que a decoración!
A continuación os deixamos o enlace dun vídeo de cómo podedes facelo!
Agardamos con ilusión as fotos e vídeos dos vosos buzóns!
PROBA CORPO EN FORMA:
''A FADA E O FEITICEIRO''
O reto de hoxe consiste na lectura, xunto coa vosa familia, deste conto motor que leva por título ''A fada e o feiticeiro''.
Esperamos que o pasedes xenial desfrutando da historia e do movemento.
MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!
- RECORDADE A PUNTUACIÓN…
- FOTO: 1 PUNTO
- VIDEO: 10 PUNTOS
- FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
- VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.