mércores, 15 de abril de 2020

RETO 11

PROBA MENTE EN FORMA:
''TRIÁNGULOS MÁXICOS''



O reto de hoxe consistirá nunha proba mental… Para levalo a cabo SÓ PRECISAREDES 6 BASTONCIÑOS!


A proba consiste en formar tres triángulos empregando os 6 bastonciños.


Logo deberedes de subir a proba que demostre que fostes quen de resolvelo!!





Sorte... e a traballar o cerebro! 



PROBA CORPO EN FORMA:
''BALONCESTO''


Hoxe imos xogar ó baloncesto... imos facer un concurso de tiros.



Primeiramente buscade a un ou varios adversarios.



Despois debedes discorrer un pouquiño e buscar unha posible canastra, pode ser unha papeleira, un cubo de fregona, unha botella cortada, incluso un aro feito con cartón ou un círculo debuxado no chan...

Xa temos canastra, pero necesitamos balóns... e como non queremos romper ningunha lámpada imos crear tamén os nosos propios balóns, recoméndovos que os fagades con bólas de papel de xornais, revistas, folletos... facer todos os que poidades (uns 10-15 por xogador).

Agora que xa temos os materiais, estamos listos para xogar! 


PRIMEIRA PROBA: 

Temos 30 segundos para lanzar as pelotas á nosa canastra. 

Tiraremos a canastra por quendas, primeiro un xogador e o resto lle cronometra; logo outro e así sucesivamente. 

O xogador que logre meter mais pelotas terá a recompensa de ser quen comece a seguinte proba. 


SEGUNDA PROBA: 

Imos marcar uns puntos ao redor da canastra, podedes colocalos onde e como queirades, pero non poden estar á mesma distancia. (Déixovos un exemplo na imaxe).

Podedes marcalos cun zapato, cun cacho de cinta, cunha moeda... ou primeiro que atopedes e que non dificulte a tirada a canastra.

Consiste en ir avanzando posicións segundo tiramos a canastra, non podemos avanzar posición ata que non lográsemos meter o balón na canastra desde o punto no que estamos a tirar. 

O xogador que logre completar o percorrido de tiradas será quen gañe o xogo. 


Sorte e... a mover o esqueleto!!



MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!


- RECORDADE A PUNTUACIÓN
  • FOTO: 1 PUNTO
  • VIDEO: 10 PUNTOS
  • FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
  • VIDEO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
- PARA QUE POIDAMOS COMPARTILAS NO BLOG... debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:


- LEMBRA ENVIARNOS AS TUAS RESPOSTAS CO TEU NOME.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.