Boas amiguiñ@s, como levades o confinamento? seguramente xa fartos de estar na casa... pero sabedes que...?? XA NON QUEDA NADA!!
Hoxe déixovos unha recomendación de lectura dun conto que se chama ''OS LUMBAS''.
Tratase dun conto escrito por dous mestres deEducación Infantil Pablo Lorenzo e Marina Fernandez, que fala duns monstruiños que se chaman Lumbas. Estes viven nun país no que todo o mundo está acostumado a que as cousas sexan sempre do mesmo xeito. Ata que un día Gus, Roger e toda a súa tribu descobren unha realidade que vai cambiar as súas vidas por completo.
É unha historia que fala dos prexuízos e os estereotipos que existen na nosa sociedade, e na que se pretende facer unha defensa a diversidade e o espírito crítico.
Déixovos ademais un enlace á entrevista que realizaron os autores para o xornal:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2020/04/13/ninos-dan-lecciones-sobre-afrontar-situaciones-complejastransmision-valores/0003_202004H13C8994.htm

Seguro que vos vai gustar!
Déixovos ademais un enlace á entrevista que realizaron os autores para o xornal:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2020/04/13/ninos-dan-lecciones-sobre-afrontar-situaciones-complejastransmision-valores/0003_202004H13C8994.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.