mércores, 25 de marzo de 2020

RETO 2


PROBA MENTE EN FORMA:
‘’TRABÁMONOS XUNTOS’’

E..agora...toca trabarnos xuntos! Esta vez toca recitar un trabalinguas!

Primeiro debedes escoller un trabalinguas. Logo debedes recítalo xunto coa vosa familia e gravarvos.

Recordade que... Canto máis orixinal e divertido sexa, mellor!!!!


PROBA CORPO EN FORMA:
"PATINANDO SEN PATÍNS (I)"

Para non esquecer as figuras de patinaxe que levamos practicando todo o curso... que vos parece se facemos un pequeno repaso polas mais sinxelas???

Terás que enviarnos un vídeo ou unha foto túa ou... moitísimo mellor... xunto con un membro da familia facendo da man as seguintes figuras:


Figura 1: ‘’Enanito’’

Figura 2: ‘’Garza’’

Figura 3: ‘’Canguro’’


Non é preciso que poñas os patíns!!





Anímate a participar e a demostrar que xuntos podemos superar estes retos e moitos máis!

MOITOS ÁNIMOS FAMILIA!!


E RECORDADE A PUNTUACIÓN…
  • FOTO: 1 PUNTO
  • VIDEO: 10 PUNTOS
  • FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 1 PUNTO EXTRA
  • FOTO DOUTRO FAMILIAR OU AMIGUIÑ@ DO COLE: 10 PUNTOS EXTRAS
Se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a autorización de imaxe na seguinte ligazón:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.