luns, 23 de marzo de 2020

RETO 1


PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"


Este é un lema que debemos ter en conta ao longo da nosa vida, porque nos axudará a gañar batallas e como non, esta non será menos.Pois comenzemos por facer o noso lema e sabendo que todos debemos de ser responsabels nesta loita, fagamolo visible con algo que resulta obrigatorio para todos nestos días e que nos une e fai fortes. 




O reto consiste en facer visible o lema #QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara, o da maneira que se vos ocurra.

Atreveste?? Fácil non?? Pois adiante…



PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"

Para manterse en forma hai que exercitarse na casa. Propoñemos que fagas 5 exercicios sinxelos para comenzar ben o día :

Exercicio 1: De pe e coas mans na cintura tes que poñerte de puntillas.Repetir 10 veces.
Exercicio 2: De pe e coas mans na cintura debes xirar o tronco á esquerda e despois á dereita.Repetir 10 veces.
Exercicio 3: De pe, facer 10 círculos cara adiante cos brazos .
Exercicio 4: De pe, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
Exercicio 5: De pe e coas mans na cintura xirar a cabeza á esquerda e despois á dereita.Repetir 10 veces.



Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto e gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2  "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS COMENTARIOS HAN DE SER RESPECTUOSOS EN TODO MOMENTO, LEMBRA QUE ESTE BLOGUE ESTÁ PENSADO PARA NENOS/AS.